Campus Rufino Regueira

Inicio / Novas / Campus Rufino Regueira

Este ano tivo lugar, por 5º ano consecutivo o CAMPUS DEVERÁN RUNFINO REGUEIRA.
….un pouco de lembraza ao noso RUFO…. Rufino Regueira Suárez (Boiro 1990), xoven nadador do noso concello, chegou a codearse coa élite mundial da natación, rozando as marcas mínimas (a menos dun segundo) para poñer rumbo aos Xogos Olímpicos celebrados en Londres.

Logo de pasar varios anos no centro de alto rendimento de Pontevedra, trasladouse a Palma de Mallorca, Francia e París.

No ano 2009, con 19 anos, rompeu tódolos récords como CAMPIÓN DE ESPAÑA (200m costas), asinou o segundo mellor tempo europeo eo sexto do mundo. FOI O MELLOR NADADOR GALEGO DO MOMENTO. No ano 2012 volveuse a coroar CAMPIÓN DE ESPAÑA(200m costas).

Finalmente aos 23 anos, decide poñer fin á natación de alto nivel, continuando ligado a ela como adestrador de grandes equipos do País Vasco ata o ano 2022 que xa deixa o mundo de natación, de seguro unhas das decisións máis costosas da súa vida.

Neste campus de verán no que participan arredor de 100 rapaces de idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos. A “base” do campus, céntrase nunha paraxe extraordinaria, a pé de praia (Edificio “As Colonias”-Praia Xardín-) son moitas as actividades que se realizan; non só practican a natación, senón que tamén fan rutas en bicicleta, atletismo, excursións, asistencia á teatro, coñecemento da contorna….Dispoñemos dun equipo de monitores EXCEPCIONAL, ano tras ano, capitaneados por un/unha coordinador/a do campus que fan un equipo extraordinario, de aí quesexan varios os rapaces que repiten durante varios anos esta experiencia.

Síguenos:

NOVAS

Liga Prebenxamín

O sábado 10/05 desprazábanse a Pontevedra os máis cativos do club. Os nosos prebenxamíns Erea Carreira, Iago González, Guzmán Chouza

Scroll al inicio