O Club Natación Boiro abre as súas portas para unha nova tempada chea de retos, aprendizaxe e moita ilusión. Se che apaixoa a natación ou queres que os teus fillas e fillos descubran todos os beneficios deste deporte, agora é o momento perfecto para unirse á nosa familia acuática.
A natación é un deporte completo que favorece o desenvolvemento físico, mellora a coordinación, potencia a disciplina e fomenta valores como o compañeirismo e o esforzo. No Club Natación Boiro acompañamos a cada deportista segundo a súa idade e nivel, garantindo unha progresión adaptada e segura.
Estas son as categorías para a tempada 2025/26:
- PRE BENXAMÍN: 2017 e menores
- BENXAMÍN: 2015 – 2016
- ALEVÍN: 2013 – 2014
- INFANTIL: 2011 – 2012
- JUNIOR: 2008 – 2009 – 2010
- SUB 20: 2006 – 2007
- ABSOLUTOS: 2005 ou maiores
- MÁSTER: Grupo Máster
Sexa cal sexa a túa categoría, atoparás un espazo no que mellorar cada brazada, superar metas persoais e gozar do deporte nun ambiente próximo e motivador.
Inscricións:
👉 As inscricións xa están dispoñibles a través deste formulario en liña:
Cuota: 35 € /mes (*Desconto para familias)
👉 Se tes algunha dúbida, contacta connosco no correo electrónico escolasnatacionboiro@gmail.com ou no número 635 11 61 62.
Horarios 25/26:
🏊 1ª Semana (01 – 06 setembro)
Luns – Martes – Mércores
- ⏰ 09:00 – 11:00 → Infantil – Junior – Absoluto
- ⏰ 11:00 – 12:30 → Alevín + Benxamíns (grupo 16:00)
- ⏰ 12:30 – 13:30 → Prebenxamín + Benxamín + Iniciación
Xoves – Venres
- ⏰ 10:00 – 19:00 → Concentración Infantil – Junior – Absoluto
- ⏰ 11:00 – 12:30 → Alevín + Benxamíns (grupo 16:00)
- ⏰ 12:30 – 13:30 → Prebenxamín + Benxamín + Iniciación
Sábado
- ⏰ 10:00 – 19:00 → Concentración Infantil – Junior – Absoluto
🏊 Horario de inverno
🌊 Sesións de auga
Luns – Mércores – Xoves – Venres
- 16:00 – 18:00 → Infantil – Junior – Absoluto
- 16:00 – 17:30 → Alevín + Benxamíns (grupo 16:00)
- 17:30 – 18:30 → Prebenxamín + Benxamín + Iniciación
Martes
- 16:00 – 17:30 → Alevín + Benxamíns (grupo 16:00)
- 17:30 – 18:30 → Prebenxamín + Benxamín + Iniciación
- 18:30 – 20:30 → Infantil – Junior – Absoluto
Sábados (a partir de outubro)
- 09:00 – 11:00 → Infantil – Junior – Absoluto
- 11:00 – 12:30 → Alevín + Benxamíns (grupo 16:00)
💪 Sesións de seco (aprox. 1h despois da auga)
- Martes – Xoves → Alevín + Benxamíns (grupo 16:00)
- Luns – Mércores – Venres → Infantil – Junior – Absoluto
- Luns – Xoves – Sábado → Infantil – Junior – Absoluto
No Club Natación Boiro estamos preparados para acompañarte durante toda a tempada, dende setembro ata xullo, cun plan de adestramentos que combina técnica, diversión e superación.
💙 Súmate á nosa canteira e vive a experiencia da natación con nós. Agardámoste na piscina!




