Club Natación Boiro
Historia
O CLUBE NATACIÓN BOIRO, inicia a súa andadura no ano 2007 co obxetivo de impulsar e fomentar a natación en Boiro e na súa comarca. Púxose en marcha o equipo de Boiro unido ao clube Natación Ribeira, creando deste xeito conxuntamente un dos clubes máis relevantes a nivel autonómico e nacional.
Foi na tempada 2017-2018 cando os socios deciden nunha asamblea xeral, segregarse do Clube Natación Ribeira e impulsar en solitario a consolidación do NATACIÓN BOIRO.
Da man do entón presidente JOSÉ MANUEL BLANCO ROMERO (COCÓ) iniciase unha nova etapa no clube con diversos obxectivos e metas que se van afianzando no transcorrer dos anos. Dende aquel entón e ata o día de hoxe levamos participando en 20 CAMPIONATOS DE ESPAÑA
2019
CAMPIONATO ESPAÑA ALEVÍN (Tarragona)
2021
CAMPIONATO ESPAÑA INFANTIL DE INVERNO (MÁLAGA)
2021
CAMPIONATO INFANTIL DE VERÁN (SABADELL)
2021
CAMPIONATO ESPAÑA ABSOLUTO INVERNO (PALMA DE MALLORCA)
2022
CAMPIONATO ESPAÑA JUNIOR-ABSOLUTO PRIMAVERA (TORREMOLINOS)
2022
CAMPIONATO DE ESPAÑA ALEVÍN (JAÉN)
2023
CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR-ABSOLUTO (SABADELL)
2023
CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO INVERNO (SABADELL)
2023
CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR-ABSOLUTO PRIMAVERA (PALMA DE MALLORCA)
2023
CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL DE INVERNO EN GIJÓN.
2023
CAMPIONATO DE ESPAÑA ALEVÍN (MADRID)
2023
CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL DE VERÁN (SABADELL)
2023
CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR-ABSOLUTO DE VERÁN (MÁLAGA).
2024
CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR-ABSOLUTO DE INVERNO (SABADELL)
2024
CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL DE INVERNO (TERRASA)
2024
CAMPIONATO DE ESPAÑA ALEVÍN (CIUDAD REAL)
2024
CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL DE VERÁN (SABADELL)
2024
CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR-ABSOLUTO DE VERÁN EN PALMA DE MALLORCA
2024
MADRID: CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO DE INVERNO (MADRID)
Esta tempada 2024-2025 contamos cun total de 84 nadadores
federados das seguintes categorías:
Móllate con nós! Únete ao Club de Natación de Boiro
Comunidade
Ser parte do Club de Natación de Boiro significa integrarte nunha comunidade activa e dinámica. Celebramos eventos regulares, competencias amigables e actividades sociais que fomentan os lazos entre os nosos membros e coa comunidade local.
Convidámoste a descubrir todo o que o noso club ten para ofrecer. Vén coñecernos, mergúllate nas nosas augas e descobre por que somos máis que un club, somos unha familia.
