Crece, compite e goza na auga connosco

Club Natación Boiro

Natación en Boiro para todas as idades.

Programas de escola, tecnificación e alta competición baseados na constancia e o traballo en equipo.

Que ofrecemos

Actividades programadas para a tempada 2026 - 2027

Club de natación

Sexa cal sexa a túa categoría, atoparás un espazo no que mellorar cada brazada, superar as túas propias metas e gozar do deporte nun ambiente próximo, saudable e cheo de enerxía. Categorías: Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Junior, Absoluto e Master.

Escola de natación

Dirixido a nenos e nenas nados entre 2018 e 2021, cunha oferta adaptada ás súas idades e necesidades. As sesións realízanse 2 días á semana, en grupos reducidos que permiten unha aprendizaxe progresiva e personalizada.

Campus deportivo

O noso Campus Deportivo Rufino Regueira é o lugar ideal para gozar do deporte, a natación e a diversión durante o verán. Unha experiencia única en Boiro chea de aprendizaxe, deportes, amizade e valores.

Travesía Augas Abertas

A Travesía a nado Illa da Bensa é a cita estrela en augas abertas na praia de Carragueiros - Boiro. Un desafío único no marco espectacular da Ría de Arousa que xunta deporte, emoción e paixón pola natación.

Ás veces gáñase e ás veces apréndese, pero renderse nunca é unha opción.
Erika Villaécija
Nadadora española

Ven a nadar con nos

Tes algunha dúbida?

Preme aquí, déixanos os teus datos e contactaremos contigo moi pronto para darche toda a información que precises sobre o club.

Scroll al inicio