VII Campus Deportivo Rufino Regueira (2026)

Chega o verán e con el… unha nova edición do noso campamento favorito! Desde o Natación Boiro presentamos o VII Campus Deportivo Rufino Regueira, un espazo perfecto para que os máis pequenos desfruten das vacacións combinando deporte, natureza, compañeirismo e moita diversión.

Preparade os bañadores, as deportivas e as bicicletas, porque este ano vimos con máis enerxía ca nunca!

📅 Información

  • Datas: Do 1 de xullo ata o 28 de agosto do 2026.
  • Horario: De luns a venres, de 10:00 a 13:30 h.
  • Para quen? Nenos e nenas nados dende o ano 2013 ata o 2019.
  • Onde estamos? As nosas actividades terán como base As Colonias, Praia Xardín (Boiro).

🏃‍♂️ ¿Que actividades faremos?

O noso obxectivo é que os rapaces e rapazas non paren de moverse e aprender. Contaremos cun programa moi completo:

  • 🏊‍♀️ Técnicas de natación: Para seguir mellorando na auga.
  • 👟 Iniciación ao atletismo: Carreiras, xogos de velocidade e coordinación.
  • 🚲 Bici & Patinete: Paseos sobre rodas pola nosa contorna.
  • 🎒 Senderismo local e rutas en equipo: Para coñecer a natureza que nos rodea.
  • 🎨 Xogos e talleres: Moita creatividade e diversión en grupo.

💶 Tarifas (Prezos por dous meses completos)

Pensando nas familias, ofrecemos descontos para irmáns:

SOCIOS DO CLUB

240 Dous Meses
  • 2do irmán: 220€
  • 3er Irmán: 200€

NON SOCIOS

270 Dous Meses
  • 2do irmán: 250€
  • 3er Irmán: 230€

📝 ¿Como Solicitar una plaza?

Non quedes sen a túa praza! Solicita a túa praza cubrindo os seguintes datos:

Unha vez pechado o prazo de solicitude, poñerémonos en contacto vía correo electrónico informando dos pasos que debes realizar para formalizar a inscrición.

💡 ¿Tés dubidas?

Escríbenos al  Correo electrónico: campusnatacionboiro@gmail.com 📧

Agardámosvos para vivir un verán inesquecible no VII Campus Deportivo Rufino Regueira! 💙

Scroll al inicio