Este sábado 25 de outubro de 2025, celebrouse en Redondela o inicio da tempada de competición para a nosa canteira, coa disputa da 1ª Xornada da Liga Galega de Clubes – 3ª División. Os nosos mozos e mozas amosaron un gran nivel competitivo, deportividade e compañeirismo en cada proba.
O Club Natación Boiro rematou nun destacado 3º posto na clasificación total, coa 1ª posición do equipo feminino e o 6º posto do equipo masculino. Uns resultados que avalan o traballo realizado nos adestramentos durante estas semanas.
A expedición da man do seu director técnico Brais Nieto estivo formada por:


- Equipo feminino
Celia Cao, Noelia Vilarnovo, Elia Arregui, Celia Pérez, Alejandra González, Lara Ozores, Emma Rodríguez, Rita Tubío, Nadiuska Ouviña, Elena García e Candela Sánchez. - Equipo masculino
Manu Pérez, Hugo Sanlés, Breixo Cao e Martín Chouza.
Desde o club queremos felicitar a todos eles polos seus esforzos, polas súas marcas e polo orgullo co que defenderon as nosas cores.
A tempada non fixo máis que comezar e seguimos con ganas, motivación e ilusión para continuar medrando en cada xornada.
💙 Forza Boiro! Seguimos dando brazadas cara ao futuro! 💦
Tamén falaron de nós en:
- “El Club Natación Boiro logró la tercera posición en el comienzo de la liga galega de clubes en la prueba que se desarrolló en la piscina municipal de Redondela.” — La Voz de Galicia




