Gran actuación do Natación Boiro na 1ª Xornada da Liga Galega de Clubes – 3ª División

Inicio / Tempada 25/26 / Gran actuación do Natación Boiro na 1ª Xornada da Liga Galega de Clubes – 3ª División

Este sábado 25 de outubro de 2025, celebrouse en Redondela o inicio da tempada de competición para a nosa canteira, coa disputa da 1ª Xornada da Liga Galega de Clubes – 3ª División. Os nosos mozos e mozas amosaron un gran nivel competitivo, deportividade e compañeirismo en cada proba.

O Club Natación Boiro rematou nun destacado 3º posto na clasificación total, coa 1ª posición do equipo feminino e o 6º posto do equipo masculino. Uns resultados que avalan o traballo realizado nos adestramentos durante estas semanas.

A expedición da man do seu director técnico Brais Nieto estivo formada por:

Clasificación Club natación Boiro 1ª Xornada da Liga Galega de Clubes – 3ª División
Nadadores Club natación Boiro 1ª Xornada da Liga Galega de Clubes – 3ª División
  • Equipo feminino
    Celia Cao, Noelia Vilarnovo, Elia Arregui, Celia Pérez, Alejandra González, Lara Ozores, Emma Rodríguez, Rita Tubío, Nadiuska Ouviña, Elena García e Candela Sánchez.
  • Equipo masculino
    Manu Pérez, Hugo Sanlés, Breixo Cao e Martín Chouza.

Desde o club queremos felicitar a todos eles polos seus esforzos, polas súas marcas e polo orgullo co que defenderon as nosas cores.

A tempada non fixo máis que comezar e seguimos con ganas, motivación e ilusión para continuar medrando en cada xornada.

💙 Forza Boiro! Seguimos dando brazadas cara ao futuro! 💦

Tamén falaron de nós en:

  • “El Club Natación Boiro logró la tercera posición en el comienzo de la liga galega de clubes en la prueba que se desarrolló en la piscina municipal de Redondela.” — La Voz de Galicia

Síguenos:

NOVAS

Convocatoria Asamblea 24-25

CONVOCATORIA DA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DO CLUBE NATACIÓN BOIRO De conformidade co establecido nos estatutos do Clube, convócase a tódolos

Scroll al inicio