Solicitude de Baixas
Sentimos moito que tomes a decisión de deixar o club. Para nós foi un pracer contar contigo e formar parte do teu camiño deportivo, e agardamos que a experiencia fose positiva tanto dentro como fóra da auga.
Se decides tramitar a túa baixa, pregámosche que teñas en conta a seguinte información importante:
Para xestionar correctamente a baixa e evitar cargos innecesarios ou posibles incidencias administrativas, é imprescindible comunicala cubriendo o seguinte formulario antes do día 20 do último mes no que o alumno/a ou deportista vaia asistir ás actividades.
Isto débese a que, a partir desa data, xa se inician os procesos de xestión e facturación do mes seguinte, polo que non poderemos garantir a cancelación dos recibos emitidos.
Agradecemos a túa colaboración para facilitar unha correcta organización do club e evitar situacións incómodas como devolucións bancarias ou inclusión en listaxes de morosidade.
Moitas grazas por formar parte do club durante este tempo. As portas estarán sempre abertas para ti.
Un saúdo cordial.
