Inscricións Escola Deportiva de Natación
tempada 26/27
Completa o formulario para reservar a túa praza nas escola deportiva de natación do C.N. Boiro
A Escola de Natación de Boiro abre o prazo de inscrición para a nova tempada 25/26. Unha oportunidade perfecta para que os máis pequenos descubran o mundo da natación, aprendan a moverse con seguridade na auga e, ao mesmo tempo, desfruten dunha actividade deportiva completa e divertida.
🌟 Por que adestrar connosco?
A natación é a actividade ideal para as primeiras etapas da infancia: mellora o desenvolvemento físico, potencia a axilidade e ensina valores fundamentais como o esforzo e o traballo en equipo. Acompañamos ás nenas e nenos dende os seus primeiros desprazamentos, garantindo un progreso paso a paso, adaptado ás súas capacidades e pensado para que desfruten da auga ao máximo.
Este programa está dirixido a nenos e nenas nados entre 2018 e 2021, cunha oferta adaptada ás súas idades e necesidades. As sesións realízanse 2 días á semana, en grupos reducidos que permiten unha aprendizaxe progresiva e personalizada.
⏰ Horarios dispoñibles
Aprender a nadar precisa de tempo, paciencia e moita dedicación. Por iso, na Escola de Natación de Boiro traballamos con grupos reducidos de máximo 8 alumnos/as! Isto permítenos ofrecer unha atención personalizada a cada neno e nena, garantindo un aprendizaxe moito máis seguro, progresivo e divertido na auga. 🏊♂️✨
Luns e mércores:
🔹16:00 – 16:45.
🔹16:45 – 17:30.
🔹18:30 – 19:15.
🔹19:15 – 20:00.
Martes e xoves:
🔹16:00 – 16:45.
🔹16:45 – 17:30.
🔹18:30 – 19:15.
🔹19:15 – 20:00.
Como rexistrarse paso a paso:
Cubre o formulario de inscrición
Listo/a para que os máis pequenos dean o seu primeiro mergullo? Abrimos o prazo de inscrición na nosa Escola de Natación para vivir unha tempada inesquecible de aprendizaxe, diversión e compañeirismo!
Que atoparedes esta tempada?
9.5 meses de actividade (setembro 2026 – xuño 2027): Un curso completo deseñado para que ganen seguridade na auga, melloren a súa técnica e desfruten de cada brazada.
Grupos adaptados: Clases organizadas segundo a idade e o nivel de cada neno e nena, garantindo un avance seguro e personalizado.
Unha gran familia deportiva: Aprendizaxe en valores nun contorno acolledor, motivador e moi próximo.
📬 Tes algunha dúbida? Estamos aquí para axudarte!
Se necesitas máis información sobre o proceso de inscrición, os horarios, ou o funcionamento da escola, non dubides en poñerte en contacto connosco. Estaremos encantados de resolver todas as túas consultas!
📧 Correo electrónico: info@clubnatacionboiro.com
📱 Redes sociais: Escríbenos un mensaxe directo a través das nosas canles oficiais
¡Agardámoste na piscina para compartir xuntos unha tempada inesquecíbel! 🏊♂️💙
