Inscricións Club Natación Boiro tempada 26/27

Completa o formulario para reservar a túa praza nas nosas categorías e grupos de adestramento no C.N. Boiro

Club Natación Boiro Temporada 26/07

O Club Natación Boiro abre as súas portas para unha nova tempada chea de retos, aprendizaxe e moita ilusión. Se che apaixoa a auga ou queres que as túas fillas e fillos descubran todos os beneficios da natación, este é o momento perfecto para formar parte da nosa familia!

🌟 Por que adestrar connosco?

A natación é un dos deportes máis completos: favorece o desenvolvemento físico, mellora a coordinación, potencia a disciplina e fomenta valores tan esenciais como o compañeirismo e o esforzo.

No Club Natación Boiro acompañamos a cada deportista segundo a súa idade e capacidades, garantindo unha evolución segura, progresiva e motivadora.

📅 Categorías para a tempada 2026/2027

  • 🥽 Prebenxamín → Nados/as entre 2018 e 2021

  • 🥽 Benxamín → Nados/as en 2016 e 2017

  • 🥽 Alevín → Nados/as en 2014 e 2015

  • 🥽 Infantil → Nados/as en 2012 e 2013

  • 🥽 Júnior → Nados/as en 2009, 2010 e 2011

  • 🥽 Sub-20 → Nados/as en 2007 e 2008

  • 🥽 Absolutos → Nados/as en 2006 ou anteriores

  • 🥽 Máster → Grupo Máster

Sexa cal sexa a túa categoría, atoparás un espazo no que mellorar cada brazada, superar as túas propias metas e gozar do deporte nun ambiente próximo, saudable e cheo de enerxía.

💙 Esperámoste na piscina para vivir xuntos esta nova tempada!

Como rexistrarse paso a paso:

Paso 1: Cubre o formulario de inscrición

Estás listo/a para dar o salto á auga? Abrimos o prazo de inscrición para vivir unha experiencia única chea de adestramentos, aprendizaxe, esforzo e moito compañeirismo.

 

🌟 Que che espera esta tempada?

  • 11 meses completos de actividade: Goza duns 11 meses de tempada de setembro 2026 a xullo 2027 deseñados para garantir o teu desenvolvemento continuo, mellorar a túa técnica e disfrutar ao máximo dentro e fóra da piscina.

  • Adestramentos adaptados: Grupos e preparación axeitada para cada categoría e nivel.

  • Formar parte dunha gran familia: Vive os valores do deporte nun ambiente motivador e acolledor.

Paso 2: Rexistrate na plataforma Federatio

AVISO IMPORTANTE: Licenza Federativa (FEGAN / RFEN)

De acordo coa normativa da Federación Galega de Natación (FEGAN), a licenza federativa —cando corresponda— debe ser xestionada directamente por cada nadador/a ou pola súa nai, pai ou titor/a legal.

📌 Ten en conta que a licenza FEGAN non se cobra dentro dos pagos mensuais do club e debe tramitarse de xeito independente.

A continuación, resumimos de xeito sinxelo o proceso para solicitala ou renovala a través da intranet oficial da RFEN.

📋 Paso a paso para solicitar ou renovar a licenza

numero-1

Entra na plataforma:

Accede a https://intranet.rfen.es

 

Se xa tes conta: Inicia sesión co teu correo electrónico e contrasinal.
Se non lembras os teus datos: Utiliza a opción de recuperación de contrasinal.

numero-2

Comproba a persoa vinculada:

En el menú Personas, revisa si aparece el nadador para el que quieres solicitar la licencia.

 

Una madre, padre o tutor puede gestionar la licencia de un menor.

numero-3

Solicita ou renova a licenza

Accede a Licenzas > Licenzas autonómicas e preme en Renovar ou Engadir licenza.

 

Información requirida: Completa os datos persoais, os datos da licenza e axunta a documentación necesaria.

numero-4

Agarda a validación

Unha vez enviada a solicitude, a licenza debe ser revisada primeiro polo club e, posteriormente, pola Federación.

 

Podes comprobar o estado da túa tramitación en calquera momento desde o apartado Licenzas.

📬 Tes algunha dúbida? Estamos aquí para axudarte!

Se necesitas máis información sobre o proceso de inscrición, os horarios, as categorías ou o funcionamento do club, non dubides en poñerte en contacto connosco. Estaremos encantados de resolver todas as túas consultas!

  • 📧 Correo electrónico: info@clubnatacionboiro.com

  • 📱 Redes sociais: Escríbenos un mensaxe directo a través das nosas canles oficiais 

¡Agardámoste na piscina para compartir xuntos unha tempada inesquecíbel! 🏊‍♂️💙

Scroll al inicio