Formulario de Baixas
Tramitación da baixa do club
Sentimos moito a túa marcha. Queremos agradecer o tempo e o esforzo dedicados, así como o feito de formar parte desta entidade. Esperamos que esta etapa fose gratificante e que os nosos camiños volvan coincidir no futuro.
Para formalizar a baixa de xeito correcto, é necesario cubrir o formulario que aparece ao final desta páxina.
Condicións importantes para a tramitación
Co obxectivo de evitar a xeración de gastos innecesarios ao club ou incidencias nos pagos, pregamos que teñas en conta as seguintes normas:
Prazo límite: O formulario debe quedar debidamente cuberto antes do día 20 do último mes no que se participe na actividade.
Efectividade: De non realizarse o trámite nese prazo, a baixa non será efectiva ata o mes seguinte, procedéndose ao cobro da cota correspondente.
Moitas grazas pola colaboración e moitos éxitos nos novos retos que comecen a partir de agora.
