📢 Inscricións abertas para a tempada 25/26 no Club Natación Boiro

Inicio / Tempada 25/26 / 📢 Inscricións abertas para a tempada 25/26 no Club Natación Boiro

O Club Natación Boiro abre as súas portas para unha nova tempada chea de retos, aprendizaxe e moita ilusión. Se che apaixoa a natación ou queres que os teus fillas e fillos descubran todos os beneficios deste deporte, agora é o momento perfecto para unirse á nosa familia acuática.

A natación é un deporte completo que favorece o desenvolvemento físico, mellora a coordinación, potencia a disciplina e fomenta valores como o compañeirismo e o esforzo. No Club Natación Boiro acompañamos a cada deportista segundo a súa idade e nivel, garantindo unha progresión adaptada e segura.

Estas son as categorías para a tempada 2025/26:

  • PRE BENXAMÍN: 2017 e menores
  • BENXAMÍN: 2015 – 2016
  • ALEVÍN: 2013 – 2014
  • INFANTIL: 2011 – 2012
  • JUNIOR: 2008 – 2009 – 2010
  • SUB 20: 2006 – 2007
  • ABSOLUTOS: 2005 ou maiores
  • MÁSTER: Grupo Máster

Sexa cal sexa a túa categoría, atoparás un espazo no que mellorar cada brazada, superar metas persoais e gozar do deporte nun ambiente próximo e motivador.

Inscricións:

👉 As inscricións xa están dispoñibles a través deste formulario en liña:

Cuota: 35 € /mes (*Desconto para familias)

👉 Se tes algunha dúbida, contacta connosco no correo electrónico escolasnatacionboiro@gmail.com ou no número 635 11 61 62.

Horarios 25/26:

🏊 1ª Semana (01 – 06 setembro)

Luns – Martes – Mércores

  • ⏰ 09:00 – 11:00 → Infantil – Junior – Absoluto
  • ⏰ 11:00 – 12:30 → Alevín + Benxamíns (grupo 16:00)
  • ⏰ 12:30 – 13:30 → Prebenxamín + Benxamín + Iniciación

Xoves – Venres

  • ⏰ 10:00 – 19:00 → Concentración Infantil – Junior – Absoluto
  • ⏰ 11:00 – 12:30 → Alevín + Benxamíns (grupo 16:00)
  • ⏰ 12:30 – 13:30 → Prebenxamín + Benxamín + Iniciación

Sábado

  • ⏰ 10:00 – 19:00 → Concentración Infantil – Junior – Absoluto

🏊 Horario de inverno

🌊 Sesións de auga

Luns – Mércores – Xoves – Venres

  • 16:00 – 18:00 → Infantil – Junior – Absoluto
  • 16:00 – 17:30 → Alevín + Benxamíns (grupo 16:00)
  • 17:30 – 18:30 → Prebenxamín + Benxamín + Iniciación

Martes

  • 16:00 – 17:30 → Alevín + Benxamíns (grupo 16:00)
  • 17:30 – 18:30 → Prebenxamín + Benxamín + Iniciación
  • 18:30 – 20:30 → Infantil – Junior – Absoluto

Sábados (a partir de outubro)

  • 09:00 – 11:00 → Infantil – Junior – Absoluto
  • 11:00 – 12:30 → Alevín + Benxamíns (grupo 16:00)

💪 Sesións de seco (aprox. 1h despois da auga)

  • Martes – Xoves → Alevín + Benxamíns (grupo 16:00)
  • Luns – Mércores – Venres → Infantil – Junior – Absoluto
  • Luns – Xoves – Sábado → Infantil – Junior – Absoluto

No Club Natación Boiro estamos preparados para acompañarte durante toda a tempada, dende setembro ata xullo, cun plan de adestramentos que combina técnica, diversión e superación.

💙 Súmate á nosa canteira e vive a experiencia da natación con nós. Agardámoste na piscina!

Síguenos:

NOVAS

Scroll al inicio